“Wuthering Heights”” ou “Cumes Torboentos”, na nosa tradución, é unha das novelas inglesas máis sobranceiras do século XIX e Emily Brontë, a súa autora, pertence a ese escaso e escolleito fato de escritores que acadaron o recoñecemento literario cun único libro, aínda que en verdade tamén é autora dalgúns poemas.
A novela é unha exposición arrebatadora sobre o fado, a obsesión, a paixón e maila vinganza a través duns personaxes de espírito atolado ou mesmo perverso que viven nun ámbito social predominantemente mesquiño e nunha natureza agreste, mormente inclemente e tan ríspeto coma moitos dos persoaxes.
É unha narrativa adiantada ao seu tempo que será un modelo para a literatura romántica posterior, coa súa historia pasional de amor, odio e vinganza nun ambiente hostil. Unha obra que crebou os canons morais da Inglaterra vitoriana e os estilísticos coa súa estrutura de bonecas matrioscas. Con todo, “Cumes Torboentos” non só é a historia do amor imposíbel entre Catherine e Heathcliff, senón que tamén abranxe as relacións amorosas da xeración os seus respectivos fillos e mailo seu sobriño, e como Heathcliff manipula estas movido pola vinganza e mailo odio. E ao cabo, todo volve ao rego coma se a estraña anomalía que supuxo a aparición e maila existencia de Heathcliff non fose máis ca unha breve tempestade no devir dos páramos.
“Cumes Torboentos” é un libro que gañou o dereito a figurar entre as cen, e mesmo as cincuenta, obras que calquera afeccionado á literatura debe ler porque é, sen dúbida, unha das mellores novelas de tódolos tempos.
Wuthering Heights
€9.99
Delivery within 7 to 10 days
Book Details
You may also enjoy

Disney Encanto: Giant Colour-Me Pad
€12.49

The Truth About Stacey
€11.24

The Feelings Book: Touch-and-Feel Emotions : Created in partnership with the Play team at Great Ormond Street Hospital
€9.99

A Shakespeare Story: A Midsummer Night’s Dream
€8.74

The Home We Dreamed
€18.74

I’m Going to Make a Friend
€9.99

For Whom the Ball Rolls
€12.49

Santa & Son
€18.74


Reviews
There are no reviews yet.